ALFONSO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ / CRISTINA GÓMEZ CANTORNA / MARÍA ISABEL LAGO CANCELO
O propósito deste traballo é deseñar unha proposta de intervención educativa para o alumnado de formación profesional de Animación Sociocultural tendo en conta a perspectiva de xénero. A modo de guía exemplar, desarrollarase unha unidade didáctica do módulo de 'Animación e Dinámica de Grupos', incluíndo na mesma a perspectiva de xénero como aspecto innovador. Os obxectivos xerais que pretenderemos son, por unha banda, articular a incorporación da perspectiva de xénero no deseño do módulo de 'Animación e Dinámica de Grupos' e, por outra, promover o papel social da formación profesional en canto á proxección da igualdade de oportunidades respecto de mulleres e homes.